9.12.12

Adolescentes e drogas


Hoxe en día os adolescentes, empezan a fumar porros antes, entre os once e os dezasete anos. Os porros poden ser de chocolate, ovo, maría (de maría pode ser a folla ou o miolo). Crise de ansiedade, reaccións de pánico e aparición de síntomas psicóticos son os efectos adversos agudos que máis a miúdo se rexistran, sobre todo entre os consumidores recentemente iniciados.
Posibles danos: os adolescentes 'enganchados' teñen, pola súa banda, máis probabilidades de sufrir problemas mentais no futuro, ademais de ver como o seu historial académico descende.
Unha investigación determinou que a marihuana pode incrementar o poder cerebral. Os experimentos en ratas que recibiron unha dose potente de cannabis mostraron que a droga estimula o crecemento de novas células cerebrais.
Un grupo de investigadores canadenses descubriu que logo dun mes de tratamento, a droga provocou neses animais un rexeneramento das neuronas no hipocampo, unha área do cerebro que controla o humor e as emocións e que está asociada á aprendizaxe e a memoria.
O seu efecto foi moi similar ao da droga antidepresiva Prozac, que tamén estimula o crecemento do nervio no hipocampo. Co tratamento con cannabis, as ratas estaban menos ansiosas e máis dispostas a comer nun ambiente novo, que anteriormente as atemorizaba.