28.4.14

Historias para non durmir 10

Lucas e Iván atópanse hoxe, por última ve nas súas vidas, fronte a casa. Hoxe non están sós, van acompañados polo cura da súa parroquia. Entran a casa e van a pola nena. Non tardan moito en atopala e atala a unha cama. O cura empeza a facerlle algo parecido a un ¨exorcismo¨.
- Non sei que lle pasa, non responde a auga vendita , nin aos crucifixos. - Responde o cura.
-Ao mellor non está posuída, ao mellor só é unha nena. Pode que a súa nai lle ensinara a comer persoas. -Di Lucas.
- O cura tense que ir. As almas non aparecerán se non estamos sós, e sen elas non saberemos o que facer. Suxire Iván.
-Eu non vos podo deixar sós aquí agora que sei o que pasa.
-Sabémonos coidar entre nos.
Vaise o cura da habitación e os rapaces volven invocar os mortos unha última vez máis.
- Que queres que fagamos? Axudarnos a axudarvos por favor! -di Lucas.
Na habitación comezan a aparecer todas as almas cruelmente devoradas nesa casa. Escoitase moi baixiño unha voz que lles fala, pero non a entenden.
-Non entendemos nada. - Di Iván.
No teito pódese ver como se debuxan letras con mugre. ¨Axudade a nena e desfacervos desta casa.¨ Tiñan que levar a nena algún centro e queimar a casa.
Os rapaces foron a cociña e abriron o gas, colleron unha lata de gasolina e a verteron polas habitacións da casa, colleron a nena e mentres saian daquel horrendo lugar vertían gasolina. Tiraron un mixto ao regueiro de gasolina e correron todo o que puideron. Acto seguido chegou a policía, tarde coma sempre.
Os rapaces tiveron que cumprir dous anos de condea por incendiar a casa, a nena entrou nun centro psiquiátrico e recuperouse co tempo, e as almas seguiron o camiño que deberían haber seguido fai moito tempo.
Fin.

27.4.14

Historias para non durmir 9

-Viste Lucas? Tiña razón. Deberiamos haber liscado de alí! Estivemos a piques de morrer polos teus enredos.
-Polos meus enredos? Que eu saiba non foi culpa miña que todo isto pasara. Teremos que matar a nena.
-Pero como vas matar unha cativa? Seica toleaches? Chamaremos a policía e que eles se encarguen.
-Olvidácheste de que unhas almas perdidas nos mataran se non matámola rapaza.
-E como pensas matar unha nena? como poderás vivir cos remordementos?
-Non é unha nena é un monstro!
Os rapaces camiñan aos seus fogares, o camiño de ida fáiselles eterno. Iván chega a casa, non hai ninguén. Esta só. Votase no sofá é prende o televisor. -Outra vez está esta merda escagallada.- Pensa Iván. No televisor soamente se ven raias negras e brancas. Na esquina da sala aparece Xoán.
-Tiñamos un trato. -Dille Xoán
-Tío, non me fagas dano. Mañá mesmo nos engargaremos da nena.
-Tedes os días contados.
Xoán se desvanece.
Lucas está fumándose un cigarriño na ventá da súa habitación, está só pensando en tódalas cousas que están a pasar. Empeza a notar como alguén intenta empuxalo pola fiestra.
Os dous rapaces saben que mañá deberan enfrontarse ao seu temor.
Continuará...

22.4.14

Historias para non durmir 8

Os rapaces volven estar na entrada desa casa terrorífica. Ao contrario, esta vez non tiñan medo. Eles sabían que se encontraban ante fortes almas en busca de vinganza. Inda así non tiñan medo. Os acontecementos sucedidos os anteriores dias os preparou para este momento.
- Ti estas listo Lucas?
- Non, pero cando se esta para isto?
- Sabes o que tes que facer non?
- Seino. Imos?
Saltan o muro e entran na casa. Todo esta tranquilo. Séntanse na habitación onde xogaron a invocar mortos as outras veces. Xoán esta na habitación, pero non se move so quere ver o que fan.
- Pois empecemos, canto antes rematemos este pesadelo mellor.
- Iván... se Xoán non se senta con nos non servirá.
-Xoán suplicámoscho senta con nos.
Empeza a facer moito frío na habitación, Xoán quere advertilos de algunha cousa. Pero non teñen nin idea de que. Xoán desapareceu.
- Oíches Lucas, alomellor deberiamos liscar de aquí axiña.
- Non amoles Iván, xa estamos aquí. Nos imos quedar a arranxar isto ducha vez.
- Oh meu deus! Iso é unha nena pequena con sangue na boca!
- Axiña, axiña! Salta pola ventá!
Continuara...

Historias para non durmir 7

- Lucas, ti como crees que poderemos atopar todas esas almas?
- Non sei, Iván. Pero eu non teño cartos para percorrer todo o mundo buscando algo que nin sei o que é.
- Non, ten que haber outra forma... Non sei, quizais volvendo a casa e invocar outra vez os mortos.
- Non quero volver!
- Non sexas tozudo!sabes que é a única forma. Xa pasamos por isto.
- Van en busca de vinganza, ou nos levan as almas ou nos matan na casa.
- E non queres nin intentalo? Ti fai o que queiras eu bou procurar salvar a miña vida esta noite.
- Non podes ir só. Tes razón, só temos esa saída.
- Xa o sei. Imos a biblioteca, alí poderemos buscar algo sobre como axudar as almas.
- E se non piden a nos que matemos a alguén?
Continuará...

Historias para non durmir 6

A muller que torturou ao seu marido e despois suicidouse estaba totalmente tola. Criouse nunha familia onde se pasaba moita fame, non tiñan recursos e aqueles tempos de guerra non eran moi bos. Para sobrevivir a familia enganaba a persoas e logo as comían. A muller non se había suicidado, iso era o que todo o mundo pensaba. A muller comeuse ao seu marido e logo morreu envelenada, o marido xa sabia que o comería e envelenouse.
Quen saberá cantísimas almas morrerían alí de forma tan terrorífica.
Todas esas persoas que morreron papadas nesa casa andaban perdidas polo mundo, en forma de almas, en busca de vinganza.
Teñen que irse ao seu lugar, pero sen axuda, moitas non poden irse. Iván e Lucas tiñan que encargarse de axudalas, pero se non o fan as almas os levarán con elas.

8.4.14

Historias para non durmir 5

Os rapaces chegan a entrada da casa, páranse a contemplala, míranse; nas súas miradas pódese ver que están mortos de medo, coma se fosen presos camiñando polo corredor da morte. Pero non, hoxe non morreran.
Entran na casa e volven o cuarto onde o fixeran a outra noite. Comezan a chamar por Xoán e el aparece. Sentase no mesmo lugar onde se sentou a noite na que morreu e colle aos seus amigos, do mundo dos vivos, das mans. Mostrándolles así ha dramática historia da casa. Logo escríbese na parede "Se non poden descansar en paz todas as almas mortas nesta casa, non poderemos descansar ningún".
Esta vez non hai mortos, nin agresividade. Ao rematar de informarlles os rapaces fóronse. Xa tiñan algo co que comezar.
Esa noite non houbo aparicións, nin soños extraños, nin frases. Esa noite poderían durmir tranquilos; pero non, quen podería durmir despois do sucedido estes días? Procuraban pensar cousas que axudasen para que esas almas descansasen.
Os dous póñense a pensar no maldito día que decidiron ir a facer parvdas onde non debían, se non se meteran nesa casa agora non terían ningún problema.
Continuará...

Historias para non durmir 4

-Iván! ábreme a porta xa, é urxente!
-Xa vai, xa vai!
-Non vas crees o que me pasou.
-Xa sei de que me falas, queren a nosa axuda. Pero non teño nin idea de que falan.
-Non sei, quizás deberíamos buscar máis información sobre esa casa.
-Non sei, eu non quero meterme onde non me chaman. Pode que o mellor que podamos facer é esquecer toda esta merda.
-Estas parvo? é que non o entendes? non nos deixarán ata que os axudemos!
Os rapaces cansos das preocupacións que lles quitaba o sono,  decidiron buscar información, a súa sorpresa foi cando ao buscala non aparecía en ningures.
-Xa sabes o que debemos facer, non? - Dille Iván coa voz temblorosa.
-Non, non teño nin idea. Que estás argallando? -Responde Lucas con preocupación.
-Teremos que volver a casa e invocar os mortos de novo, para que nos podan dicir que facer.
-Ti toleaches, alí morreu Xoán nos seremos os seguintes. -Lucas ponse nervioso.
-Tes ti algunha idea mellor? pensa que non podemos facer outra cousa.
Os amigos póñense de acordo para ir na próxima fin de semana.
Continuará...

Historias para non durmir 3

Lucas esta nun lugar moi húmido e escuro. Despertou aí, dóelle moito o lombo polo que supón que debeu caer aí. É un pozo de moita altura. Lucas pretende trepar para poder saír de alí, pero cae e só consegue bater máis forte onde xa lle doe. Derrepente ve ao seu amigo morto ao alto do pozo, non está só hai máis coma el.
- Axúdanos a saldar as nosas contas.
- Non vos podo axudar!eu non che fixen nada tío! déixame saír de aquí!
- Só ti e Iván nos podedes axudar.
Lucas esperta sudoroso e canso.-Uf... soamente foi un soño.- pensa el. Ao seu carón esta o teléfono e sorpréndese.
Lucas decide darse unha ducha para aclarar ideas, pero non contaba con que ao saír estivese escrito no espello " axúdanos ou sufriras as consecuencias. Non aguanta máis vai correndo a casa de Iván.
Continuara..

7.4.14

Historias para non durmir 2

Os rapaces, atónitos miran un para o outro. Están petrificados, non saben que facer e deciden fuxir de alí aos seus fogares.
Iván está na casa, só na súa habitación xa que nin se lle ocorre falar cos seus pais sobre o tema. Pero o problema non se resolve tan doado xa que volve ver a Xoán no seu cuarto de pé coa barra de ferro no pescozo. Iván aterrado bérralle -Que queres de min? eu non che podo axudar!Ti soíño fuches con nos! - vese un bao na ventá e comeza a aparecer escrito "axúdanos a saldar as nosas contas".
Iván chama a Lucas.
- Lucas tío, estas ven?
-...
- Lucas estás aí?
Comezan a soar os mesmos berros que cando Xoán morreu.
Mentres Lucas decátase de que perdeu o teléfono, búscao por toda a casa pero non o atopa, cansase e botase na cama. Está moi canso leva uns días moi duros, e se somerxe nun sono profundo.
Continuará...

17.2.14

Historias para non durmir 1

Iván, Xoán e Lucas eran tres amigos aos que lles gustaba a adrenalina, encantáballes sentir medo.
Nunha fin de semana, que non tiñan nada que argallar, decidiron ir a unha casa abandonada onde o antigo dono morrese torturado pola súa muller, logo esta suicidouse.
Os rapaces chegaron a casa, e logo de andar fisgando nas ruínas, sacaron un taboleiro para invocar os mortos. Estiveron máis dunha hora intentándoo pero nada pasaba. Ao aburrirse decidiron liscar daquel lugar en ruínas e fedorento. Cando procuraban saír da habitación pechouse a porta e comezaron a caer obxetos ao chan. Gritos, oíanse gritos, e cando conseguen prender a lanterna , Xoán está morto, atravesado por unha barra de ferro no pescozo.
Comeza a formarse un hurcan na habitación Iván e Lucas voan  no teito pola forza do vento e de repente o ambiente se calma e caen os dous ao chan. En canto poden érguense e saen correndo daquel lugar sen falar en ningún momento do sucedido.
Pasan algúns días e decídense a verse para falar sobre que va facer coa lea que teñen. Cando están charlando Lucas e Iván miran a Xoán camiñando coa barra de ferro no pescozo.
Continuará...