27.4.14

Historias para non durmir 9

-Viste Lucas? Tiña razón. Deberiamos haber liscado de alí! Estivemos a piques de morrer polos teus enredos.
-Polos meus enredos? Que eu saiba non foi culpa miña que todo isto pasara. Teremos que matar a nena.
-Pero como vas matar unha cativa? Seica toleaches? Chamaremos a policía e que eles se encarguen.
-Olvidácheste de que unhas almas perdidas nos mataran se non matámola rapaza.
-E como pensas matar unha nena? como poderás vivir cos remordementos?
-Non é unha nena é un monstro!
Os rapaces camiñan aos seus fogares, o camiño de ida fáiselles eterno. Iván chega a casa, non hai ninguén. Esta só. Votase no sofá é prende o televisor. -Outra vez está esta merda escagallada.- Pensa Iván. No televisor soamente se ven raias negras e brancas. Na esquina da sala aparece Xoán.
-Tiñamos un trato. -Dille Xoán
-Tío, non me fagas dano. Mañá mesmo nos engargaremos da nena.
-Tedes os días contados.
Xoán se desvanece.
Lucas está fumándose un cigarriño na ventá da súa habitación, está só pensando en tódalas cousas que están a pasar. Empeza a notar como alguén intenta empuxalo pola fiestra.
Os dous rapaces saben que mañá deberan enfrontarse ao seu temor.
Continuará...

Sem comentários:

Enviar um comentário