9.12.12

Adolescentes e drogas


Hoxe en día os adolescentes, empezan a fumar porros antes, entre os once e os dezasete anos. Os porros poden ser de chocolate, ovo, maría (de maría pode ser a folla ou o miolo). Crise de ansiedade, reaccións de pánico e aparición de síntomas psicóticos son os efectos adversos agudos que máis a miúdo se rexistran, sobre todo entre os consumidores recentemente iniciados.
Posibles danos: os adolescentes 'enganchados' teñen, pola súa banda, máis probabilidades de sufrir problemas mentais no futuro, ademais de ver como o seu historial académico descende.
Unha investigación determinou que a marihuana pode incrementar o poder cerebral. Os experimentos en ratas que recibiron unha dose potente de cannabis mostraron que a droga estimula o crecemento de novas células cerebrais.
Un grupo de investigadores canadenses descubriu que logo dun mes de tratamento, a droga provocou neses animais un rexeneramento das neuronas no hipocampo, unha área do cerebro que controla o humor e as emocións e que está asociada á aprendizaxe e a memoria.
O seu efecto foi moi similar ao da droga antidepresiva Prozac, que tamén estimula o crecemento do nervio no hipocampo. Co tratamento con cannabis, as ratas estaban menos ansiosas e máis dispostas a comer nun ambiente novo, que anteriormente as atemorizaba. 


23.10.12

A caixa de fósforos.

Miña avoa tiña unha teoría moi interesante; dicía que todos nacemos cunha caixa de fosforos dentro, pero que non podemos acendelos sós. Precisamos a axuda de osíxeno e unha vela. Neste caso o osíxeno, por exemplo, viría do alento da persoa que amamos; a vela podería ser calquera tipo de comida, música, caricia, palabra ou son que enxendre a explosión que acenderá un dos fósforos. Por un momento, céganos unha emoción intensa. Unha calor agradable crece dentro de nós, esvaecéndose a medida que pasa o tempo ata que chega unha nova explosión para revivila. Cada persoa ten que descubrir que disparará esas explosións para poder vivir, posto que a combustión que ocorre cando un dos fósforos se prende é o que nutre a alma. Ese lume, en resumo, é o seu alimento. Se un non averigua a tempo que cousa inicia esas explosións, a caixa de fósforos humedécese e nin un só dos mistos prenderá nunca. 'Como agua para chocolate'.

13.10.12

"¿Quén son os verdadeiros animais aqui?"

A racionalidade é esa capacidade humana que nos permite pensar avaliar e actuar mediante o uso da razón; suponse que esta característica é a que nos diferencia dos animais.
Pero a realidade que ven os meus ollos fai que non pare de facerme esta pregunta unha e outra vez: "¿Quen son os verdadeiros animais aquí?". (
Christian Jiménez Bundo) 


Xente que caza por deporte ou para lucir a pel do animal:

Actualmente é unha actividade recreativa que nada ten que ver coa antiga necesidade de supervivencia. Transformouse nun enorme negocio, que de forma legal, permite abater a millóns de animais cada ano. Cando termina a tempada de caza  desfanse dos seus cans, que son considerados como instrumentos de caza, xa sexa abandonándoos ou dándolles morte.
En Canadá a caza de focas é un gran problema: máis de 500,000 son exterminadas cada ano por cazadores, esta práctica ademais de cruel, provocaría un gran impacto no futuro da poboación de focas na rexión.
Nos circos: elefantes, leóns, tigres, cebras, chimpancés, crocodilos, pitóns, avestruces, dromedarios, osos, etc. Unha longa lista de animais sometidos e convertidos en marionetas para o entretemento humano.
Pelexas de cans: adestrados, con desexo de matar, pelexan ata o cansazo para satisfacer os seus donos.

Todo isto é o maltrato animal, vivimos rodeados de persoas que maltratan a animais e non facemos nada por impedilo, nunha sociedade na que o toureo é unha cultura, unha sociedade que dá noxo e non fai nada por cambiar as cousas.