23.10.12

A caixa de fósforos.

Miña avoa tiña unha teoría moi interesante; dicía que todos nacemos cunha caixa de fosforos dentro, pero que non podemos acendelos sós. Precisamos a axuda de osíxeno e unha vela. Neste caso o osíxeno, por exemplo, viría do alento da persoa que amamos; a vela podería ser calquera tipo de comida, música, caricia, palabra ou son que enxendre a explosión que acenderá un dos fósforos. Por un momento, céganos unha emoción intensa. Unha calor agradable crece dentro de nós, esvaecéndose a medida que pasa o tempo ata que chega unha nova explosión para revivila. Cada persoa ten que descubrir que disparará esas explosións para poder vivir, posto que a combustión que ocorre cando un dos fósforos se prende é o que nutre a alma. Ese lume, en resumo, é o seu alimento. Se un non averigua a tempo que cousa inicia esas explosións, a caixa de fósforos humedécese e nin un só dos mistos prenderá nunca. 'Como agua para chocolate'.

3 comentários:

  1. Vexo que che gustou "Como agua para chocolate". Alégrome.

    ResponderEliminar
  2. Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

    ResponderEliminar
  3. Pois anímate e cóntanos máis historias que teñas lido ou que che teñan contado.

    ResponderEliminar