24.10.13

Isto, isto é amor

Rir polas rúas desertas,
xuntos evitar a tormenta da vida,
mirarnos fixamente mentras meditamos sobre o noso amor,
sorrír polas rúas ao pensarte,
saber situar cada un dos seus lunares,
amar seus peros, e aínda máis as súas virtudes.
Isto, isto é amor.

Irritarnos pero aínda ter o desexo de encontrarnos,
usar como demostración de amor insultos,
botalo en falta cando inda non se foi,
xogar como nenos,
facernos un, nun acto de loucura por amor,
xuntar as nosas mans polas rúas.
Isto, isto é amor.

Morrer por vernos a todas horas,
fuxir dos problemas cando nace o seu sorriso,
o desexo de durmir baixo as mesmas sabanas,
o medo a que fuxa o seu amor,
os miles de recordos que quedan por vivir.
Isto, isto é amor.
E o que é o amor? O amor vida miña, eres ti.

Nerea Martínez Pérez

A LOMCE

Durante os últimos tres días uníronse moitísimos estudantes de Vigo para loitar contra a LOMCE.
Eu fun testigo, eu acompañei aos tantísimos estudantes de Vigo, que demostraron que todos xuntos movemos masas.
Contarei a miña experiencia.
O primer día, a cadea humana foi moi divertida e eramos moitísimos, eu non esperaba que acudira tantísima xente.
Empezou no Alcampo, seguimos por Plaza América e inundabamos as calles sen dixar paso a ningún vehículo. Chegamos a Plaza España e baixamos ata a Xunta.
O segundo día parecia increible ¡Eramos moitísimos máis! Fixemos un recorrido moy similar o anterior. Pero a diferencia foi que moita xente tirou ovos e laranxas contra os bancos, se moveron contenedores e a xente estaba moito máis animada.
O derradeiro día empezamos en Plaza América  e acabamos no Sireno. Nesta uníronse os pais e o profesorado.
Oxe xoves 24, tiramos ovos, pedras, tomates, laranxas e incluso petardos.
Que se enteren que ¡O pobo unido xamáis será vencido!

10.10.13

Os celos

Por que síntense os celos? Por que temos esa necesidade de que todo sexa noso? Incluso as persoas. 
Ninguen posúe a niguen, cada quen é libre. Pero... sería moi hipócrita xudgar a xente por ser posesiva. Porque se unha persoa quérete un mínimo, sinte celos, e canto máis amor máis celos. Non porque non confíes nela, se non por medo a que alguén máis se de conta do incrible que é esa persoa e poida chegar a facela máis feliz.
Por iso eu sinto celos, polo incrible que é el.
Na miña opinión, mostrar ese sentimento de celos, che fai semellar débil. Ninguen debe semellar debil, xa que a fin e acabo na adolescencia, o amor é como un xogo e nos xogos ninguen debe mostrarse débil. 

9.10.13

O exito

Rir moito e a miudo; gañarse o respeto das persoas intelixentes e o aprecio dos nenos; merecer o eloxio dos críticos sinceiros e mostrarte pasivo ante os falsos amigos;  saber apreciar a beleza e hachar o mellor nos demáis; deixar un mundo algo mellor, ben sexa por medio dun fillo san, dun rincón de xardín ou dunha condición social limpa; polo menos saber que unha vida esta animada máis libremente grazas a nosa: iso é triunfar.
Autor da frase: Ralph Waldo Emerson

7.10.13

O aborto

O aborto é o tema máis discutido,na miña opinión.
Moitos din que facer iso é matar un neno, e moitos outros din que iso é amolar a túa adolescencia.
Eu creo que, ter un neno cando ti inda eres un deles é a maior estupidez que se poida facer. Antes de ter un cativo ao que coidar, penso que, se deberia poder asegurar o máximo posible o teu futuro. Ter unha base, uns estudos, un traballo, un minimo de responsabilidade...
Por moito que o aborto sexa matar unha vida, na miña opinión, seria moito peor ter o neno e non poder darlle ningunhas das cousas que un cativo precisa, unha boa educación, un pai e unha nai nun ambiente estable familiar...