28.4.14

Historias para non durmir 10

Lucas e Iván atópanse hoxe, por última ve nas súas vidas, fronte a casa. Hoxe non están sós, van acompañados polo cura da súa parroquia. Entran a casa e van a pola nena. Non tardan moito en atopala e atala a unha cama. O cura empeza a facerlle algo parecido a un ¨exorcismo¨.
- Non sei que lle pasa, non responde a auga vendita , nin aos crucifixos. - Responde o cura.
-Ao mellor non está posuída, ao mellor só é unha nena. Pode que a súa nai lle ensinara a comer persoas. -Di Lucas.
- O cura tense que ir. As almas non aparecerán se non estamos sós, e sen elas non saberemos o que facer. Suxire Iván.
-Eu non vos podo deixar sós aquí agora que sei o que pasa.
-Sabémonos coidar entre nos.
Vaise o cura da habitación e os rapaces volven invocar os mortos unha última vez máis.
- Que queres que fagamos? Axudarnos a axudarvos por favor! -di Lucas.
Na habitación comezan a aparecer todas as almas cruelmente devoradas nesa casa. Escoitase moi baixiño unha voz que lles fala, pero non a entenden.
-Non entendemos nada. - Di Iván.
No teito pódese ver como se debuxan letras con mugre. ¨Axudade a nena e desfacervos desta casa.¨ Tiñan que levar a nena algún centro e queimar a casa.
Os rapaces foron a cociña e abriron o gas, colleron unha lata de gasolina e a verteron polas habitacións da casa, colleron a nena e mentres saian daquel horrendo lugar vertían gasolina. Tiraron un mixto ao regueiro de gasolina e correron todo o que puideron. Acto seguido chegou a policía, tarde coma sempre.
Os rapaces tiveron que cumprir dous anos de condea por incendiar a casa, a nena entrou nun centro psiquiátrico e recuperouse co tempo, e as almas seguiron o camiño que deberían haber seguido fai moito tempo.
Fin.

Sem comentários:

Enviar um comentário