8.4.14

Historias para non durmir 5

Os rapaces chegan a entrada da casa, páranse a contemplala, míranse; nas súas miradas pódese ver que están mortos de medo, coma se fosen presos camiñando polo corredor da morte. Pero non, hoxe non morreran.
Entran na casa e volven o cuarto onde o fixeran a outra noite. Comezan a chamar por Xoán e el aparece. Sentase no mesmo lugar onde se sentou a noite na que morreu e colle aos seus amigos, do mundo dos vivos, das mans. Mostrándolles así ha dramática historia da casa. Logo escríbese na parede "Se non poden descansar en paz todas as almas mortas nesta casa, non poderemos descansar ningún".
Esta vez non hai mortos, nin agresividade. Ao rematar de informarlles os rapaces fóronse. Xa tiñan algo co que comezar.
Esa noite non houbo aparicións, nin soños extraños, nin frases. Esa noite poderían durmir tranquilos; pero non, quen podería durmir despois do sucedido estes días? Procuraban pensar cousas que axudasen para que esas almas descansasen.
Os dous póñense a pensar no maldito día que decidiron ir a facer parvdas onde non debían, se non se meteran nesa casa agora non terían ningún problema.
Continuará...

Sem comentários:

Enviar um comentário