22.4.14

Historias para non durmir 8

Os rapaces volven estar na entrada desa casa terrorífica. Ao contrario, esta vez non tiñan medo. Eles sabían que se encontraban ante fortes almas en busca de vinganza. Inda así non tiñan medo. Os acontecementos sucedidos os anteriores dias os preparou para este momento.
- Ti estas listo Lucas?
- Non, pero cando se esta para isto?
- Sabes o que tes que facer non?
- Seino. Imos?
Saltan o muro e entran na casa. Todo esta tranquilo. Séntanse na habitación onde xogaron a invocar mortos as outras veces. Xoán esta na habitación, pero non se move so quere ver o que fan.
- Pois empecemos, canto antes rematemos este pesadelo mellor.
- Iván... se Xoán non se senta con nos non servirá.
-Xoán suplicámoscho senta con nos.
Empeza a facer moito frío na habitación, Xoán quere advertilos de algunha cousa. Pero non teñen nin idea de que. Xoán desapareceu.
- Oíches Lucas, alomellor deberiamos liscar de aquí axiña.
- Non amoles Iván, xa estamos aquí. Nos imos quedar a arranxar isto ducha vez.
- Oh meu deus! Iso é unha nena pequena con sangue na boca!
- Axiña, axiña! Salta pola ventá!
Continuara...

Sem comentários:

Enviar um comentário