17.2.14

Historias para non durmir 1

Iván, Xoán e Lucas eran tres amigos aos que lles gustaba a adrenalina, encantáballes sentir medo.
Nunha fin de semana, que non tiñan nada que argallar, decidiron ir a unha casa abandonada onde o antigo dono morrese torturado pola súa muller, logo esta suicidouse.
Os rapaces chegaron a casa, e logo de andar fisgando nas ruínas, sacaron un taboleiro para invocar os mortos. Estiveron máis dunha hora intentándoo pero nada pasaba. Ao aburrirse decidiron liscar daquel lugar en ruínas e fedorento. Cando procuraban saír da habitación pechouse a porta e comezaron a caer obxetos ao chan. Gritos, oíanse gritos, e cando conseguen prender a lanterna , Xoán está morto, atravesado por unha barra de ferro no pescozo.
Comeza a formarse un hurcan na habitación Iván e Lucas voan  no teito pola forza do vento e de repente o ambiente se calma e caen os dous ao chan. En canto poden érguense e saen correndo daquel lugar sen falar en ningún momento do sucedido.
Pasan algúns días e decídense a verse para falar sobre que va facer coa lea que teñen. Cando están charlando Lucas e Iván miran a Xoán camiñando coa barra de ferro no pescozo.
Continuará...

Sem comentários:

Enviar um comentário