25.11.13

Concentración na comiseria de Vigo

O pasado venres algúns estudantes acudimos a concentración enfronte a comisaria de Vigo. Co fin de manifestarnos pola paliza que recibiron algúns dos estudantes, que expresaban a súa opinión pola lei da LOMCE.
Esta concentración empezou as sete da tarde e acabou sobre as dez e media, rematada pola carga policial.
Os antidisturbios agardaron a que a prensa marchase para comezar a carga, e non só iso. Estes esperaron a que só quedaramos arredor de quince alumnos.
A seis persoas nos detiveron e ata nos agrediron sen nos facerlle nada. Tamén nos van multar por estar nunha concentración ilegal.
Ilegal e que xa non nos deixen nin expresar a nosa opinión.

Sem comentários:

Enviar um comentário