19.11.13

Miseria

Ao día de hoxe, vemos máis desaloxos, mesmo nas familias con cativos. Desaloxos brutalmente violentos.
Está achegándose o Nadal ¿que farán esas familias infelices? ¿que lle dirán os pequenos cando se decaten que o esperado Santa non lles deixou nada, cando máis o precisan? ¿que poderán comer este día tan familiar, que hoxe se lle fai horripilante?
Todos miramos moi lonxe un día coma ese, pero esas familias tamén o vían así. ¿Que pasaría se mañá che acontece a ti? gustaríate que che axudasen, pero todos fuxiron ao entender a túa situación.
Por esa simple razón deberiamos axudarnos entre todos. Porque tamén te pode pasar a ti, e esas familias son iguales que todos nós.

Sem comentários:

Enviar um comentário