5.11.13

O mellor amigo

El é o que sempre está ahi, o que nunca me deixa soa. Sei sen duda que nunca me dará de lado. O meu can.
Chámase Draco, e uniusenos a nosa familia cando inda non tiña nin un mes. Era un dou de xunio do 2011.
Era unha boliña pequerrechiña e tiña medo de todo.
Na viaxe ata  o seu novo fogar  bomitoume enrriba, cando chegamos tiña medo de todos os cans e se o deixabas no chan non camiñaba e empezaba a chorar. Agora dous anos despois segue sendo algo parecido, se o deixas só chora como un neniño pequeno.
Éste can, Draco marcoume a miña vida. Inda que pareza unha locura, ensinoume moitas cousas sobre a amizade, máis que ninguen antes. Cando estou triste el está ahí, cando teño comida; con esa cariña que pon, obrigame a compartila e cando olvidome de él ao chegar a casa, despois mirame resentido dende o sofá e non acepta os meus agarimos. Isto ensina moito sobre a amizade.

Sem comentários:

Enviar um comentário